Foro Ignicia: O modelo de transferencia de coñecemento do Reino Unido
9 de Xullo
Título: Xornada Partenariados Horizonte Europa
Modalidade: Presencial
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela
Data: 19/06/26
Hora: 10.00 h
A Axencia Galega de Innovación continúa en 2026 coa organización de xornadas informativas para achegar o programa Horizonte Europa ás empresas e axentes galegos. Con este fin, o 19 de xuño terá lugar unha xornada sobre as novas convocatorias e outras novidades dos Partenariados Horizonte Europa previstas para 2026.
Os Partenariados europeos están impulsados por axencias nacionais e rexionais que financian I+D+I e xorden para dar resposta a obxectivos específicos e complexos que non poden ser afrontados a través doutros programas europeos e nacionais. Nesta xornada, explicaranse en detalle as convocatorias abertas neste momento e tamén se avanzará na compresión das convocatorias previstas para o 2026.
Como condutores da xornada, contaremos coa participación de Verónica Estruch e Héctor González, Puntos Nacionais de Contacto do CDTI para os Partenariados HE, que ademáis de presentar o programa manterán reunións bilaterias coas entidades interesadas.