17
Mar

Infoday convocatorias Horizonte Europa CL2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Infoday convocatorias Horizonte Europa CL2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva
Data: martes 17 de marzo de 2026
Horario: de 10:00 a 12:30 h
Lugar de celebración: Sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela)

O vindeiro 17 de marzo, a Axencia Galega de Innovación organizará unha xornada de presentación das convocatorias do Clúster 2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva do Programa Horizonte Europa (HE) para 2026.

A xornada terá lugar en formato unicamente presencial e contará coa participación de Adeline Marcos Talva, Punto Nacional de Contacto do FECYT e representante do CL2, que ademais de presentalas en detalle manterá reunións bilaterais coas entidades interesadas.