Infoday convocatorias Horizonte Europa CL2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva
17 de Marzo
Título: Train the trainers, programa de apoio á preparación de propostas ao ERC
Programa Oportunius
Data: 19 e 20 de marzo de 2025
Hora: 19 de marzo de 10:00h a 16:30 h e 20 de marzo de 10:00h a 14:00 h
Lugar: Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela
Idioma de impartición: inglés
Data límite de inscrición: 13 de marzo de 2025
O persoal da institución especializado en proxectos europeos, xoga un rol crítico á hora de guiar a os/as investigadores/as a través da complexidade das axudas do ERC. A mellora dos seus coñecementos sobre os criterios únicos de avaliación do ERC, os seus procesos característicos e as súas expectativas, pode maximizar significativamente a calidade das propostas e resultar clave para o éxito.
A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, organiza os días 19 e 20 de marzo un taller dirixido a xestores de proxectos, que traballen ou vaian traballar no ámbito dos proxectos europeos e particularmente no asesoramento de convocatorias ERC, e que estean vinculados ás tres universidades públicas galegas, ao CSIC ou aos institutos de investigación sanitaria.
Esta formación ten como obxectivo dotar a este perfil da visión, ferramentas e estratexias necesarias para asistir ao persoal investigador na preparación de propostas gañadoras.
O taller, que terá lugar na sede da Axencia Galega de Innovación, será impartido por Stewe Bekk e Malte Beringer, expertos cunha dilatada traxectoria na preparación e asesoramento de propostas ao ERC.
O número de prazas é limitado.
Para calquera consulta pódese contactar co enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal