Infoday convocatorias Horizonte Europa CL2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva
17 de Marzo
Título: Taller de preparación de propostas ERC 2025-2026
Programa Oportunius
Data: 18 de marzo de 2025
Horario: de 10:00h a 18:00h
Lugar: Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela
Idioma de impartición: inglés
Data límite de inscrición: 12 de marzo de 2025
A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación de investigadores vinculados a host institutions galegas nas convocatorias do European Research Council (ERC).
Este Programa ofrece a potenciais candidatos servizos de asesoramento e revisión de propostas e organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas dirixidos a persoal investigador vinculado ás tres universidades públicas galegas, ao CSIC e aos institutos de investigación sanitaria.
O 18 de marzo celebrarase un novo taller presencial que ten como obxectivo familiarizar aos participantes coas convocatorias do European Research Council (ERC), integradas no Pilar I do Programa Horizonte Europa, e proporcionar consellos e mellores prácticas para preparar propostas altamente competitivas.
O taller será impartido por Stewe Bekk e Malte Beringer, expertos cunha dilatada traxectoria na preparación e asesoramento de propostas ao ERC. Tamén participará Manuel Souto, investigador Oportunius adscrito ao CiQUS da Universidade de Santiago de Compostela, que compartirá cos asistentes a súa experiencia na preparación da súa Starting Grant, conseguida en 2021.
O número de prazas é limitado.
Para calquera consulta pódese contactar no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal