23
Feb

Seminario estratéxico “Repensando o marco para a valorización do coñecemento nas estratexias e organización das institucións científicas”

Auditorio de FEUGA

Engadir ao calendario

Título: Seminario estratéxico “Repensando o marco para a valorización do coñecemento nas estratexias e organización das institucións científicas”
Data: venres 23 de febreiro de 2024
Lugar: Auditorio da Fundación Empresa-Universidad Gallega, FEUGA (Rúa de Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela)
Horario: de 9:30 a 18:00 horas
Prazo de inscrición: ata o día 20 de febreiro ás 14:00 h

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas [CSIC], organiza o Seminario estratéxico “Repensando o marco para a valorización do coñecemento nas estratexias e organización das institucións científicas”. Esta actividade enmárcase no Programa DINA-ITC e é complementaria ás organizadas no marco do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento.

O seminario está dirixido a persoal de dirección, responsables de xestión e persoal investigador en institucións e centros de coñecemento do Sistema Galego de Innovación. O seu obxectivo é proporcionar as claves para o plantexamento e o deseño de estratexias de valorización e transferencia de coñecemento nas entidades científicas no marco actual, analizando como integrala de xeito eficiente nas estratexias institucionais de investigación.

Celebrarase en Santiago de Compostela, no Auditorio da Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA), o día 23 de febreiro en horario de 9:30 a 18:00 h. A información detallada desta actividade atópase no programa de contidos. A ligazón para a inscrición estará aberta ata o día 20 de febreiro ás 14.00 h.

Para calquera dúbida ou aclaración podes poñerte en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012.