27
Nov

Preparación de proxectos para programas de Proba de Concepto (PdC)

Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

Engadir ao calendario

Título: Curso-taller presencial “Preparación de proxectos para programas de Proba de Concepto (PdC)”
Data: luns 27 e martes 28 de novembro de 2023
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), aula nº 2 (planta baixa). Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela
Prazo de inscrición: ata o día 20 de novembro ás 14:00 h

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso-taller de carácter gratuíto “Preparación de proxectos para programas de Proba de Concepto (PdC)” no marco do Programa formativo con acreditación RTTP para persoal de xestión de transferencia.

A certificación Registered Technology Transfer Professionals (RTTP) emitida pola Alliance of Technology Transfer Professionals (ATTP) é o estándar internacional para acreditar a competencia e experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para facilitar a súa obtención por parte do persoal de xestión de transferencia do Sistema Galego de Innovación, organízanse accións formativas e proporciónase mentorización para a preparación do dossier acreditativo esixido pola entidade acreditadora.

O Programa formativo con acreditación RTTP para persoal de xestión de transferencia forma parte das iniciativas do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, que integra diversas actuacións de fortalecemento das capacidades do Sistema Galego de Innovación para mellorar a abordaxe de procesos de identificación, valorización e comercialización dos resultados da I+D.

O curso-taller “Preparación de proxectos para programas de Proba de Concepto (PdC)” celebrarase os días 27 e 28 de novembro, baixo a modalidade presencial. Pode consultar aquí toda a información do programa. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazón. O prazo de inscrición remata o día 20 de novembro ás 14:00 h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012.