23
Out

Programa Oportunius: taller presencial de preparación de propostas para a convocatoria ERC Consolidator Grants 2024

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Programa Oportunius: taller presencial de preparación de propostas para a convocatoria ERC Consolidator Grants 2024
Data: 23 de outubro de 2023
Hora: de 10:00h a 17:00h
Prazo de inscrición: ata o 19 de outubro ás 14:00h

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web Programa Oportunius – Axencia Galega de Innovación. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.

O 23 de octubro celebrarase un taller de preparación de propostas centrado na convocatoria Consolidator Grants 2024. No taller participarán ademais da National Contact Point ERC da FECYT, Leticia Riaza; Ashwin Woodhoo do CIMUS da Universidade de Santiago de Compostela, beneficiario dunha Consolidator Grant en 2019; así como María Gómez-Reino e Graciela Garrido Grela, de ECONET, empresa con longa experiencia na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC.

Para calquera consulta pódese contactar co teléfono 981 337 115 ou escribir ao enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal