10
Xul

Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Starting Grants 2024

On line

Engadir ao calendario

Data: 10 de xullo de 2023
Hora: de 10:00 h a 13:00 h
Prazo de inscrición: ata o 7 de xullo ás 12:00 h

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web Programa Oportunius – Axencia Galega de Innovación Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.

O 10 de xullo celebrarase un taller online de preparación de propostas centrado na convocatoria Starting Grants 2024. No taller participarán ademáis da National Contact Point ERC da FECYT, Elena Pazos, do Centro Interdisciplinar de Qúimica e Bioloxía – CICA da Universidade da Coruña, beneficiaria dunha Starting Grant en 2019; así como María Gómez-Reino, de ECONET, empresa con longa experiencia na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC.

Para calquer consulta pódese contactar no teléfono 981 337 115 ou no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal