Presentación do Proxecto Quantum Iber IA
29 de Maio
Título: Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Advanced Grants 2023
Data: 15 de decembro de 2022
Hora: de 10:00 h a 13:00 h
Prazo de inscrición: ata o 14 de decembro ás 13:00 h
A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).
Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web Programa Oportunius – Axencia Galega de Innovación. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.
O 15 de decembro celebrarase un taller online de preparación de propostas centrado na convocatoria Advanced Grant 2023. No taller participará Carlos Alberto Salgado, director del Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela, gañador dunha Starting Grant no 2011 e dunha Advanced Grant en 2018; así como Graciela Garrido e María Gómez-Reino, de ECONET, empresa con longa experiencia na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC.
Para calquer consulta pódese contactar no teléfono 981 337 115 ou no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal