14
Nov

Curso online «IP e Estratexia de Mercado»

On line

Engadir ao calendario

Título: curso online «IP e Estratexia de Mercado»
Data: do 14 ao 18 de novembro de 2022
Prazo de inscrición: ata o 10 de novembro ás 13:00 h

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso online «IP e Estratexia de Mercado». Esta actividade enmárcase no Programa formativo con acreditación RTTP para persoal de xestión de transferencia, do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento.

A certificación Registered Technology Transfer Professionals (RTTP) emitida pola Alliance of Technology Transfer Professionals [ATTP] é o estándar internacional para acreditar a competencia e experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para facilitar a súa obtención por parte do persoal de xestión de transferencia do Sistema Galego de Innovación, o Programa Ignicia organiza accións formativas e proporciona mentorización para a preparación do dossier acreditativo esixido pola entidade acreditadora.

O curso «IP e Estratexia de Mercado», de carácter gratuíto, ofrece 30 prazas. O seu obxectivo é dotar ao persoal de xestión de transferencia dos coñecementos necesarios para crear e desenvolver con éxito estratexias de mercado no ámbito da IP.

Cunha duración total de 15 horas, distribuídas en 5 sesións de 3 horas cada unha, o curso desenvolverase entre o 14 e o 18 de novembro de 2022 en horario de 11:00 a 14:00 h. O programa de contidos será impartido integramente en inglés.

Pode consultar toda a información do programa premendo aquí. Para inscribirse, cubra o formulario nesta ligazón. O prazo de inscrición remata o día 10 de novembro ás 13:00 h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012.