24
Out

Curso online «Transferencia e comercialización nas Ciencias Sociais, Artes e Humanidades»

Axencia Gain

Engadir ao calendario

Título: Curso online «Transferencia e comercialización nas Ciencias Sociais, Artes e Humanidades»
Data: do 24 ao 28 de outubro de 2022
Prazo de inscrición: ata o 18 de outubro ás 13:00 h

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso «Transferencia e comercialización nas Ciencias Sociais, Artes e Humanidades». Esta actividade enmárcase no Programa formativo con acreditación RTTP para persoal de xestión de transferencia e persoal investigador, do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento.

A certificación Registered Technology Transfer Professionals (RTTP) emitida pola Alliance of Technology Transfer Professionals é o estándar internacional para acreditar a competencia e experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para facilitar a súa obtención por parte do persoal de xestión de transferencia do Sistema Galego de Innovación, o Programa Ignicia organiza accións formativas e proporciona mentorización para a preparación do dossier acreditativo esixido pola entidade acreditadora.

Este curso, de carácter gratuíto, ofrece 30 prazas (15 para profesionais da xestión de transferencia e 15 para persoal investigador). O seu obxectivo é dotar a ambos colectivos das mellores estratexias para construír unha carteira de proxectos de valorización e comercialización sostible, identificar os mellores modelos de negocio, así coma os mecanismos de protección da propiedade intelectual máis axeitados para os resultados nos campos das Ciencias Sociais, Artes e Humanidades.

Cunha duración total de 15 horas, distribuídas en 5 sesións de 3 horas cada unha, o curso desenvolverase entre o 24 e o 28 de outubro de 2022 en horario de 10:00 a 13:00 h. O programa de contidos será impartido integramente en inglés.

Pode consultar toda a información do programa premendo aquí. Para inscribirse, cubra o formulario nesta ligazón. O prazo de inscrición remata o día 18 de outubro ás 13:00 h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012.