25
Abr

Comercialización de software e know-how dixital

On line

Engadir ao calendario

Título: Curso online “Comercialización de software e know-how dixital”
Data: do 25 ao 29 de abril de 2022
Prazo de inscrición: ata o 20 de abril ás 13.00 h

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso “Comercialización de software e know-how dixital” no marco do Programa formativo con acreditación RTTP para persoal de xestión de transferencia.

A certificación Registered Technology Transfer Professionals (RTTP) emitida pola Alliance of Technology Transfer Professionals é o estándar internacional para acreditar a competencia e experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para facilitar a súa obtención por parte do persoal de xestión de transferencia do Sistema Galego de Innovación, organízanse accións formativas e proporciónase mentorización para a preparación do dossier acreditativo esixido pola entidade acreditadora.

O Programa formativo con acreditación RTTP para persoal de xestión de transferencia forma parte das iniciativas do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, que integra diversas actuacións de fortalecemento das capacidades do Sistema Galego de Innovación para mellorar a abordaxe de procesos de identificación, valorización e comercialización dos resultados da I+D.

O curso “Comercialización de software e know-how dixital” celebrarase dende o día 25 ata o día 29 de abril de 2022, baixo a modalidade de formación online. Pode consultar aquí toda a información do programa. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazón. O prazo de inscrición remata o día 20 de abril ás 13:00 h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012.