9
Mar

Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Advanced Grants 2022

On line

Engadir ao calendario

Data: 9 de marzo de 2022
Hora: de 10:00 h a 13:00 h
Prazo de inscrición: ata o 7 de marzo ás 13:00 h

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web Programa Oportunius – Axencia Galega de Innovación. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.

O 9 de marzo celebrarase un taller online de preparación de propostas centrado na convocatoria Advanced Grants 2022. No taller participarán Laura Mohedano, National Contact Point ERC da Oficina de Proyectos Europeos do Instituto de Salud Carlos III; Carlos Salgado López, Director Científico do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da Universidade de Santiago de Compostela e beneficiario dunha Starting Grant e unha Advanced Grant en 2019; así como Graciela Garrido e María Gómez-Reino, de ECONET, empresa con longa experiencia na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC.

Para calquer consulta pódese contactar no teléfono 981 337 115 ou no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal