8
Xuñ

Curso online Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociación

Curso online

Engadir ao calendario

Título: Curso online “Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociación”
Data: do 8 ao 12 de xuño de 2020
Prazo de inscrición: ata o 1 de xuño ás 20:00 h

A Axencia Galega de Innovación [GAIN] da Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Barrié organiza o curso Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociación do Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia.

Esta certificación emitida por ATTP [Alliance of Technology Transfer Professionals] é o estándar internacional para acreditar a competencia e experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para facilitar a súa obtención por parte de xestores de transferencia do Sistema Galego de Innovación, organizaranse accións formativas e proporcionarase mentorización para a preparación do dossier acreditativo esixido pola entidade acreditadora.

O curso Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociació, celebrarase dende o día 8 ata o día 12 de xuño de 2020, baixo a modalidade de formación online debido á situación actual provocada polo coronavirus Covid-19.

O programa de Capacitación para Xestores de Transferencia forma parte das iniciativas desenvolvidas polo Programa Ignicia – Transferencia de Coñecemento, iniciativa que integra diversas actuacións de fortalecemento das capacidades do Sistema de Innovación para mellorar a abordaxe de procesos de identificación, valorización e comercialización de resultados de I+D.

Pode consultar toda a información do programa nesta ligazón. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazón. O prazo de inscrición remata o día 1 de xuño ás 20:00h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 000.