2
Dec

Capacitación para Investigadores "GRADschool en Transferencia e Emprendemento"

Cidade da Cultura

Engadir ao calendario

Título: Capacitación para Investigadores “GRADschool en Transferencia e Emprendemento”
Lugar: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Data: do 2 ao 5 de decembro de 2019
Prazo de inscrición: ata o 28 de novembro ás 20:00 h

A Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración coa Fundación Barrié organiza do 2 ao 5 de decembro, na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), o curso de Capacitación para Investigadores “GRADschool en Transferencia e Emprendemento”.

Os GRADschools son un programa de referencia no Reino Unido na formación e o desenvolvemento profesional de competencias transversais dos investigadores. Crac Vitae, a organización que imparte este curso, leva máis de 40 anos impartindo estes programas formativos en universidades e centros de investigación de primeiro nivel nese país. Trátase dun curso interactivo, dirixido a un máximo de 50 investigadores, cun enfoque eminentemente práctico.

O programa de Capacitación para Investigadores forma parte das actividades desenvolvidas polo Programa Ignicia – Transferencia de Coñecemento, iniciativa que integra diversas actuacións de fortalecemento das capacidades do Sistema de Innovación para mellorar a abordaxe de procesos de identificación, valorización e comercialización de resultados de I+D.

Pode consultar toda a información do programa premendo aquí. Para inscribirse, cubra o formulario dispoñible na seguinte ligazón. O prazo de inscrición remata o 28 de novembro ás 20:00h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 000.