Contratación Pública de Innovación (CPI)

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) é o organismo responsable dentro da administración autonómica en materia de Contratación Pública de Innovación (CPI). Esta pode entenderse como aquela actuación administrativa de fomento da innovación orientada a potenciar o desenvolvemento de novos mercados innovadores dende o lado da demanda, a través do instrumento a contratación pública.

Os seus obxectivos son a mellora dos servizos públicos mediante a incorporación de bens ou servizos innovadores; o fomento da innovación empresarial; e o impulso á internacionalización da innovación empregando o mercado público local como cliente de lanzamento ou referencia.