Segunda convocatoria de Compra Pública de Innovación

Manifestacións de interese. Proxectos de Compra Pública de Innovación (CPI).

Como continuación da primeira call de Compra Pública de Innovación na Xunta de Galicia, impulsada pola Axencia Galega de Innovación en decembro de 2014, GAIN comunica o lanzamento da segunda call de iniciativas de CPI, da que sairán as propostas que finalmente obterán un cofinanciamento do 80% con fondos FEDER pertencentes ao Programa Operativo Plurirrexional de Crecemento Intelixente (POCInt), xestionados polo Ministerio de Economía, Industria y Competitividad.

Esta segunda convocatoria contará cun orzamento total 31 M€, dos cales 25M€ proceden dos fondos FEDER-POCInt e o resto corresponde a fondos propios da Xunta de Galicia.

As propostas que finalmente superen as avaliacións pertinentes por parte de GAIN e do Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, poderán ser cofinanciadas nun 80% con fondos FEDER-POCInt, para o cal será preciso asinar un convenio co devandito ministerio. O 20% restante do custo procederá de fondos propios da Xunta de Galicia e será asumido segundo a seguinte distribución: un 10% será aportado por GAIN e o 10% restante debe ser asumido pola consellería responsable da proposta de CPI.

Co obxectivo de recoller as manifestacións de interese por parte dos departamentos das consellerías da Xunta de Galicia, publícase unha ficha que deberá ser cuberta e remitida á seguinte dirección de correo electrónico: innovacion.gain@xunta.gal