Apoio á creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación dos centros tecnolóxicos galegos

Programa: Apoio á creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación dos centros tecnolóxicos galegos
Código do procedemento: IN607E
Data de publicación no DOG: 20/08/2025
Prazo de presentación de solicitudes: 21/08/2025 – 13/10/2025

Obxecto

Fortalecemento dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio a investimentos para a creación e mellora de infraestruturas de investigación e de apoio á experimentación, tamén denominadas infraestruturas tecnolóxicas.

Quen pode solicitar estas axudas?

Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia inscritos no Rexistro Estatal de Centros, regulado polo Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro.

Tipo e intensidade da axuda

  • A modalidade de participación é individual pero permitíndose solicitudes coordinadas entre dous ou máis centros se presentan sinerxias e complementariadades entre elas.
  • Tipo de axuda: subvención.
  • Incentivo: 50% de intensidade máxima de infraestrutura de investigación; entre 25 e 50% para a infraestrutura de ensaio e experimentación en función de límites e graduacións basadas en pequena, mediana e grande empresa.
  • Orzamento total: 9.750.000 €.
  • O orzamento subvencionable de cada solicitude non pode ser inferior a 450.000€ nin superior a 8.000.000€. A axuda total máxima por entidade establécese en 4.000.000 €.

Documentación e ligazóns


Máis información

  • No correo electrónico axudas.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos 981 541 677, 981 543 992 e 981 957 303