Programa: Apoio á creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación dos centros tecnolóxicos galegos
Código do procedemento: IN607E
Data de publicación no DOG: 20/08/2025
Prazo de presentación de solicitudes: 21/08/2025 – 13/10/2025
Obxecto
Fortalecemento dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio a investimentos para a creación e mellora de infraestruturas de investigación e de apoio á experimentación, tamén denominadas infraestruturas tecnolóxicas.
Quen pode solicitar estas axudas?
Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia inscritos no Rexistro Estatal de Centros, regulado polo Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro.
Tipo e intensidade da axuda
Documentación e ligazóns
Documentación para a solicitude de redistribución de anualidades e para a solicitude de anticipos
Poderase solicitar a redistribución entre as anualidades concedidas, modificando cada anualidade cun límite do 40 % do custo total concedido, variando proporcionalmente calquera das anualidades orzadas e que non estean xustificadas. O prazo para solicitar esta redistribución de anualidades finaliza tres meses antes do remate do período de execución da primeira anualidade afectada (art. 25.5 Modificación da Resolución).
Poderanse solicitar pagamentos anticipados segundo as seguintes porcentaxes (art. 30 Pagamento):
En ningún caso o importe da totalidade dos anticipos concedidos poderá superar o 80% da subvención total concedida.
A suma dos pagamentos anticipados e á conta non poderá superar o 90% da subvención total concedida.
Obrigas de información e comunicación
Documentación para acreditar a defensa contra o cambio climático (artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060)
Máis información
