Convocatoria VInnovate Galicia

Data prevista de publicación DOG: 13/09/2024
Código do procedemento: IN848G
Prazo de presentación de solicitudes: do 20/09/2024 ata o 30/10/2024

A Axencia Galega de Innovación forma parte da rede europea Vanguard Initiative, composta por 38 rexións co obxectivo común de estimular a I+D relacionada coas cadeas de valor de maior interese para estas rexións e aliñadas coas súas respectivas RIS3.

A Vanguard Initiative vén de poñer en marcha o mecanismo interrexional VInnovate. Trátase dun instrumento conxunto de financiamentopioneiro entre as rexións socias participantes quefacilita a creación de consorcios para o impulso deproxectos de I+D. A participación galega nesta convocatoria articúlase través de VInnovate Galicia, que financia aos axentes galegos que participan nestes proxectos interrexionais

Que rexións europeas participan nesta iniciativa?

  • Leste dos Países Baixos (Países Baixos)
  • Sur dos Países Baixos (Países Baixos)
  • Emilia Romaña (Italia)
  • Flandres (Bélxica)
  • Valonia (Bélxica)
  • Gales (Reino Unido)
  • Galicia (España)
  • Baixa Austria (Austria)
  • Baixa Saxonia (Alemaña)
  • Norte de Portugal (Portugal)
  • Nordeste de Romanía (Romanía)

Obxectivo

Potenciar unha maior colaboración e presenza europea e internacional dos axentes do ecosistema galego de I+D+i, promovendo a realización de proxectos colaborativos interrexionais de I+D.

Quen pode solicitar estas axudas?:

Organismos de investigación e empresas (grandes, medianas e pequenas).

Modalidade dos proxectos:

En cooperación (mínimo 2, máximo 4 entidades). Unha delas ten que ser unha peme.

Documentación e ligazóns

Documentación para a solicitude de redistribución de anualidades e para a solicitude de pagamentos anticipados

Poderase solicitar unha redistribución entre as anualidades concedidas a partir da anualidade 2025, cun límite do 40% do custo concedido para cada anualidade, variando proporcionalmente a seguinte anualidade orzada. O prazo para solicitar esta redistribución de anualidades remata o 30 de xuño da anualidade afectada (art. 31.5).

Poderanse solicitar pagamentos anticipados segundo as seguintes porcentaxes (art. 37):

  • primeira anualidade: ata o 100% da subvención concedida desta anualidade.
  • anualidades sucesivas: ata o 50% da subvención concedida en cada anualidade.

En ningún caso o importe da totalidade dos anticipos concedidos poderá superar o 80% da subvención total concedida.

A suma dos pagamentos anticipados e á conta non poderá superar o 90% da subvención total concedida.

No caso de solicitaren ambos, redistribución de anualidades e pagamento anticipado, a solicitude de redistribución de anualidades DEBERÁ SER ANTERIOR á solicitude do anticipo, para os efectos de establecer o importe que se pode anticipar. En caso contrario, unha vez efectuado o pagamento anticipado da anualidade correspondente, non se poderá redistribuír as anualidades.

Documentación para a xustificación da anualidade 2025

Obrigas de información e comunicación

Indicadores de comunicación

A maiores da documentación xustificativa de cada anualidade, con carácter semestral solicitarase aos beneficiarios os indicadores de publicacións en redes sociais, actuacións en medios de comunicación e celebración de eventos: