Programa: Apoio á creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación dos centros tecnolóxicos galegos
Data de publicación DOG: 23/01/2024
Código do procedemento: IN607E
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 23/02/2024
Son axudas para o fortalecemento e ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos tanto na infraestrutura de investigación con proxectos de investigación con TRLs baixos orientados a actividades de I+D, independentes de centro, ou en colaboración con empresas; coma na infraestrutura de experimentación e ensaio enfocadas a proxectos de innovación con TRLs altos para apoiar ao tecido empresarial, especialmente as pemes.
As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:
Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións sen superar en ningún caso o importe correspondente a cada exercicio orzamentario (art. 30).
Poderanse solicitar pagamentos anticipados segundo as seguintes porcentaxes:
En ningún caso o importe da totalidade dos anticipos concedidos poderá superar o 80% da subvención total concedida.
A suma dos pagamentos anticipados e á conta non poderá superar o 90% da subvención total concedida.
No caso de solicitaren ambos, redistribución de anualidades e pagamento anticipado, a solicitude de redistribución de anualidades DEBERÁ SER ANTERIOR á solicitude do anticipo, para os efectos de establecer o importe que se pode anticipar. En caso contrario, unha vez efectuado o pagamento anticipado da anualidade correspondente, non se poderá redistribuír as anualidades.