Fábrica intelixente e sustentable 2023

Programa: Fábrica intelixente e sustentable
Data de publicación no DOG: 06/07/20/23
Prazo de presentación de solicitudes: come/zará o día seguinte ao da publicación no DOG e rematará o día 2 de outubro de 2023.
Código do procedemento: IN854A

Cal é o obxecto destas axudas?

Axudas para a iniciativa fábrica intelixente e sustentable, orientada a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar ás empresas na súa transición industrial en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde

A onde acudir?

  • Na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal
  • Nos teléfonos: 981957303 / 981957872 e 881999355 da devandita Axencia
  • No correo electrónico axudas.gain@xunta.gal

Documentación e ligazóns

Documentación para a xustificación da anualidade 2024

Documentación para a solicitude de redistribución de anualidades e para a solicitude de anticipos

Poderase solicitar unha redistribución entre as anualidades concedidas a partir da anualidade 2024, cun limite do 20% do custo concedido para cada anualidade minorada, variando proporcionalmente a seguinte anualidade orzada. O prazo para solicitar esta redistribución de anualidades remata o 30 de xuño da anualidade afectada (art. 32.5).

Poderanse solicitar pagamentos anticipados segundo as seguintes porcentaxes (art. 38):

  • anualidade 2024: até o 100% da subvención concedida nesta anualidade
  • anualidades sucesivas: ata o 50% da subvención concedida en cada anualidade.

En ningún caso o importe da totalidade dos anticipos concedidos poderá superar o 80% da subvención total concedida.

A suma dos pagamentos anticipados e á conta non poderá superar o 90% da subvención total concedida.

No caso de solicitaren ambos, redistribución de anualidades e pagamento anticipado, a solicitude de redistribución de anualidades DEBERÁ SER ANTERIOR á solicitude do anticipo, para os efectos de establecer o importe que se pode anticipar. En caso contrario, unha vez efectuado o pagamento anticipado da anualidade correspondente, non se poderá redistribuír as anualidades.

Obrigas de información e comunicación

Prazo de presentación do informe DNSH

Consonte o artigo 31.7 da convocatoria, as entidades que resulten beneficiarias, deberán achegar no prazo de 3 meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión da axuda, un informe positivo do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente (DNSH) mediante unha entidade acreditada por ENAC. No caso de non presentar o dito informe no prazo indicado, revogarase a axuda concedida.

Tendo en conta o anterior, o prazo máximo para presentar o informe DNSH remata o 13 DE AGOSTO DE 2024.

De xeito excepcional, as entidades beneficiarias poderán presentar unha prórroga, por causas debidamente xustificadas, de ata un mes. No caso de se conceder esta prórroga, o prazo máximo para presentar o informe DNSH remata o 13 DE SETEMBRO DE 2024.