Programa: Recuperación Excelencia Neotec 2021. Axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos do programa de novos proxectos empresariais de empresas innovadoras do CDTI
Data de publicación DOG: 31/08/2022
Código do procedemento: IN870A
Prazo de presentación de solicitudes: 30/09/2022
Que é o Programa Recuperación Excelencia Neotec 2021?
As axudas financiaran a posta en marcha de novos proxectos empresariais que requiran o uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvoltos a partir da actividade investigadora e nos que a estratexia de negocio se base no desenvolvemento de tecnoloxía, enmarcados nas prioridades estratéxicas da RIS3.
Tipo e intensidade da axuda
- Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
- Tipo de axuda: subvención
- Orzamento mínimo: 175.000€
- Intensidade de axuda:
- 70% do orzamento elixible da actuación, cun importe máximo de subvención de 250.000 euros por beneficiario.
- 85% do orzamento da actuación, cun importe máximo de subvención de 325.000 euros por beneficiario cando as actuacións que inclúan a contratación laboral de polo menos un doutor.
- Orzamento total: 5.974.905€.
Quen pode solicitar estas axudas?
As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:
- Microempresas, pequenas e medianas empresas innovadoras:
- Dacordo coas definicións do Anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.
- Conforme ao artigo 2 e 3 da convocatoria de referencia.
- Dando cumprimento aos requisitos de elixibilidade e superado os limiares mínimos do artigo 11.4 da convocatoria de referencia, non alcanzaron a puntuación requirida para ser financiables.
- Localización do centro de traballo:
- Ter sede social e centro de traballo principal en Galicia na data de presentación da solicitude.
- Que podan trasladar a súa sede social, sede fiscal e centro de traballo a Galicia no prazo dun mes desde a data de resolución da presente convocatoria.
Documentación e ligazóns
Documentos para a xustificación económica
Documentos para a xustificación técnica
Guías e información
Máis información
- No correo electrónico servizos.gain@xunta.gal
- Nos teléfonos 981 541 073 / 981 999 121