Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude
Nesta sección pode consultarse o plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Axencia Galega de Innovación, dispoñible nesta ligazón (pdf).
Canle de denuncias
Neste apartado pode accederse á Canle de denuncias da Axencia Galega de Innovación, que é a canle electrónica habilitada pola Axencia Galega de Innovación en aplicación artigo 14 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.
Esta canle configúrase como a vía preferente para comunicar información relativa a supostas accións ou omisións contrarias ao sistema de integridade previsto no Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2023 e no Programa marco de integridade institucional e prevención de riscos de xestión 2021-2024, do 26 de maio de 2021, aprobados ambos os dous polo Consello da Xunta de Galicia.
A comunicación por esta canle estrutúrase en dúas modalidades:
Acceso á canle de denuncias: https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias?langId=gl_ES