Programa: Bases reguladoras, e convocatoria para 2021, das axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das pemes galegas, Programa CONECTA COVID, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID19
Data de publicación no DOG: 13/07/2021
Código do procedemento: IN852D e IN852E
Prazo de presentación de solicitudes: do 14/07/2021 ao 13/08/2021
Obxecto
No marco do Programa CONECTA COVID, subvencionaranse proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en produto, que aborden a investigación relacionada coa COVID-19 para facer fronte á pandemia.
Financiamento
4.000.000 € para o período 2021-2023. Estas axudas serán susceptibles de financiamento no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 no eixe REACT-UE como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID19.
Tipo e intensidade da axuda
As axudas que se concedan ao abeiro destas bases concederanse en forma de subvención, coma unha porcentaxe do investimento subvencionable dentro dos límites de intensidade que se indican na convocatoria.
Liñas de axuda
Documentación e ligazóns
Documentación para a solicitude de anticipos
Documentación para a xustificación das axudas