Evento lanzamento Estratexia de Consolidación do Sector Biotecnolóxico de Galicia 2021-2025
O obxectivo deste evento foi achegar a visión das capacidades da biotecnoloxía galega nun contexto global, como ferramenta clave para Galicia.
Presentouse a Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía de Galicia 2021-2025, folla de ruta que vertebrará as accións de consolidación do sector biotecnolóxico e contamos coa participación de distintos axentes do ecosistema que achegaron as súas experiencias de como consolidar a biotecnoloxía en Galicia.
Dispoñible o vídeo de “A Biotecnoloxia en Galicia”
Biospain 2025
Un ano máis, a Delegación Galicia Bio participará na próxima edición de BIOSPAIN 2025, que terá lugar do 7 ao 9 de outubro en Barcelona. Esta cita, organizada por AseBio – Asociación Española de Bioempresas, é o maior evento de biotecnoloxía en España e un dos máis relevantes a nivel internacional.
Galicia estará presente cunha delegación institucional de alto nivel, formada por 12 entidades chave que representan o mellor do ecosistema biotecnolóxico galego:
Unha representación sólida, cohesionada e comprometida con levar o talento, a ciencia e a innovación galega ao corazón do ecosistema biotech global.
Máis información:
Dispoñible toda a información na seguinte ligazón: https://www.galiciabio.tech