Programa: InnovaPeme 2021. Plans de innovación para mellorar a capacidade innovadora de micropemes e pemes
Data de publicación DOG: 05/05/2021
Código do procedemento: IN848D
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 07/06/2021
Eido estratéxico: RIS3 – Programa PEME INNOVA. Apoio ás pemes innovadoras.
Son axudas ás pemes destinadas ao financiamento do custo das actividades integradas en plans de innovación, que lles permitan sistematizar os procesos de innovación da empresa e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.
As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:
Ver condicións específicas da axuda en gastos subvencionables no apartado “Documentación”.
Guías e información
Documentos para a xustificación económica e solicitudes
Documentos para a xustificación técnica
Prema sobre cada pregunta frecuente para despregar a resposta.
Anticipo anualidade 2021: poderase solicitar un anticipo do 50% do importe total concedido para esa anualidade. O prazo é de 10 días hábiles contados desde o seguinte da publicación da resolución da concesión. Anticipo anualidade 2022: poderase solicitar ata un 50% do importe concedido para esa anualidade, sempre que, conxuntamente cos pagamentos realizados ata ese momento non superen o 80% da porcentaxe subvencionada. O prazo será de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao pagamento da anualidade 2021.
1. Pódese solicitar anticipo?
Si, pódese solicitar anticipo:
O persoal de nova contratación, deberá dedicarse o 100% ao plan de innovación.
2. Que tipoloxías de custo de persoal se poden imputar?
Pódense imputar custos de persoal propio, polo tempo dedicado exclusivamente ao plan (senón fose ao 100% deberá xustificarse na memoria da solicitude da axuda). Só no caso das micropemes poderanse imputar custos de persoal directivo ou xerencial como máximo ata o 30% de dedicación.
No correo electrónico servizos.gain@xunta.gal
Nos teléfonos 981 957 008 / 981 957 017
Axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020