InnoBench Galicia

Que é o Informe InnoBench?

O Informe InnoBench é un informe individual e personalizado de benchmarking de innovación para a medición do desempeño innovador das empresas galegas, no que poderá coñecer a súa posición competitiva respecto doutras empresas que desenvolven unha actividade similar, así como o seu potencial de mellora e como conseguilo en aspectos tan relevantes como: esforzo financeiro, financiamento, capacidades (capital humano, cooperación…), producto e mercadotecnia, proceso e tecnoloxías TIC, organización, vendas, productividade laboral e eficiencia xeral.


Obxectivos e contidos

O Informe InnobBench xorde co obxectivo de que a empresa coñeza a través dun procedemento sistematizado o seu grao de innovación e posición relativa, pero tamén co fin de promover as boas prácticas e propor rutas e instrumentos para a mellora. Por iso ten, como valor engadido, as Accións de Mellora para acadar un desempeño innovador, que se propoñen e inclúen no mesmo de xeito específico.

O informe tamén inclúe unha matriz dinámica de Accións de Mellora / Axudas Públicas, na que se se relacionan as accións a implantar, con recompilación de información sobre axudas públicas dispoñibles, elaborando fichas individuais que contemplan as características das empresas obxectivo (sector, tamaño, facturación) e a súa dispoñibilidade no tempo.

Documentación e ligazóns

Máis información

No enderezo electrónico servizos.gain@xunta.gal
No teléfono 881 999 471

A metodoloxía de xeración do Informe InnoBench é froito do traballo en colaboración entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo, a través do seu servizo de información empresarial ARDÁN, e a Axencia Galega de Innovación, aos que se suma o traballo do grupo REDE da Universidade de Vigo.