Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral

Programa: Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral
Data de publicación DOG: 21/01/2021
Códigos dos procedementos: IN606C
Prazo de presentación de solicitudes: 22/01/2021 a 22/02/2021

Cal é o obxecto destas axudas?

Posibilitar a continuación da formación das doutoras e doutores que comezaron a súa formación posdoutoral, posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria. Nesta convocatoria, poderán optar a estas axudas aquelas persoas invesgadoras que obtiveron:

  • Unha axuda para a súa formación inicial na modalidade A da convocatoria de axudas de apoio á etapa posdoutoral do ano 2017, cuxa actividade investigadora se viu condicionada pola pandemia do Covid-19, polo que nestes casos non se exixirá a avaliación final positiva do programa de orixe.
  • Unha axuda na modalidade A da convocatoria de axudas de apoio á etapa posdoutoral do ano 2016, que finalizaran o seu contrato con posterioridade ao 31 de xullo de 2019, que obtiveran unha avaliación positiva e que non concorreron a ningunha convocatoria da modalidade B posdoutoral cos códigos de procedemento ED481D ou IN606C
  • Un contrato posdoutoral cunha das entidades establecidas no artigo 2 desta convocatoria e financiado pola Gain, que non renunciaron á dita axuda antes do seu remate e que finalizaron o seu contrato con anterioridade ao 1 de outubro de 2019, que obtiveron unha avaliación positiva e que non concorreron con anterioridade a ningunha convocatoria da modalidade B posdoutoral cos códigos de procedemento ED481D ou IN606C.

Quen pode solicitar estas axudas?

  • A Gain financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.
  • A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional financia as universidades do Sistema universitario de Galicia (en diante SUG).

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
  • Intensidade da axuda: 100 %
  • Duración das axudas: un máximo de 2 anos
  • Orzamento total: 2.472.000 euros (a achega por parte da Gain será de 412.000 euros namentres a da Secretaría Xeral de Universidades será de 2.060.000)

Número e importe das axudas

Un máximo de 24 axudas das que a previsión inicial de concesión é a seguinte:

  • 20 axudas para o SUG
  • 4 para as demais entidades

Os importes destas axudas son os seguintes:

  • Un total de 38.000 euros anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual e o pagamento dos custos sociais.
  • Unha axuda complementaria por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación coa seguinte desagregación por anualidades: 10.000 euros no ano 2020, 10.000 euros no 2021 e 5.000 euros no 2022.
  • Un complemento a cada unha das universidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.

A onde acudir?

Para solicitudes de organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999213 / 981543991
Email: axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal

Para solicitudes presentadas por universidades do SUG:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881995152 / 881995157 Fax: 881999135
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal



Documentación e enlaces

Procedementos de avaliación do rendemento