Avaliacións Oportunius

O Decreto 64/2016, do 26 de maio, regula o réxime de contratación pola Axencia Galega de Innovación (Gain) de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido (Programa Oportunius).

No capítulo II establécese a avaliación por parte da Gain da actividade investigadora dese persoal con vistas a garantir o mantemento da excelencia. Con este fin, este persoal investigador estará sometido a un proceso de avaliación que terá en conta a actividade investigadora en termos de impacto e calidade da produción científica, liderado de proxectos financiados, formación de talento e os resultados da investigación desenvolvida.

A Orde do 29 de agosto de 2018 pola que se desenvolven o procedemento e o baremo para a avaliación da actividade investigadora de persoal investigador contratado pola Axencia Galega de Innovación baixo a modalidade de persoal investigador distinguido [Programa Oportunius] establece o baremo para a avaliación da actividade investigadora do persoal investigador contratado pola Gain baixo a modalidade de persoal investigador distinguido (Programa Oportunius).