InnovaPeme 2020

Programa: InnovaPeme 2020. Plans de innovación para mellorar a capacidade innovadora de micropemes e pemes
Data de publicación DOG: 19/02/2020
Código do procedemento: IN848D
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 18/06/2020 ás 13:00h
Eido estratéxico: RIS3 – Programa PEME INNOVA. Apoio ás pemes innovadoras.

Que é o Programa InnovaPeme?

Son axudas ás pemes destinadas ao financiamento do custo das actividades integradas en plans de innovación, que lles permitan sistematizar os procesos de innovación da empresa e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: Convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: Subvención a fondo perdido.
  • Incentivo: 50% dos custos de implementación do plan de innovación da empresa (Axudas entre 40.000€ e 100.000€)
  • Orzamento total: 2.700.000 €

Quen pode solicitar estas axudas?

As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:

  • Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais, de acordo coas definicións do Anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014
  • Domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicitan a axuda

Ver condicións específicas da axuda en gastos subvencionables no apartado “Documentación”.

Documentación e ligazóns

Preguntas frecuentes

Prema sobre cada pregunta frecuente para despregar a resposta.


1. Pódese solicitar anticipo?


Si, pódese solicitar anticipo:

Anticipo anualidade 2020: poderase solicitar un anticipo do 50% do importe total concedido para esa anualidade. O prazo é de 10 días hábiles contados desde o seguinte da publicación da resolución da concesión.

Anticipo anualidade 2021: poderase solicitar ata un 50% do importe concedido para esa anualidade, sempre que, conxuntamente cos pagamentos realizados ata ese momento non superen o 80% da porcentaxe subvencionada. O prazo será de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao pagamento da anualidade 2020.



2. Que tipoloxías de custo de persoal se poden imputar?


Pódense imputar custos de persoal propio, polo tempo dedicado exclusivamente ao plan (senón fose ao 100% deberá xustificarse na memoria da solicitude da axuda). Só no caso das micropemes poderanse imputar custos de persoal directivo ou xerencial como máximo ata o 30% de dedicación.

O persoal de nova contratación, deberá dedicarse o 100% ao plan de innovación.


Máis información

No correo electrónico servizos.gain@xunta.gal
Nos teléfonos 981 957 008 / 981 957 017





Axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional