Institucións de acollida

O Programa Oportunius está aberto á incorporación a organismos de investigación de todo o Sistema de Ciencia e Innovación de Galicia.

Actualmente, as institucións de acollida son:

  • Os 5 centros de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas [CSIC] en Galicia. Segundo o Ranking SCIMago 2019, o CSIC é a primeira institución de investigación en España, a cuarta institución pública e a sexta pública ou privada de investigación en Europa occidental, así como a sétima institución pública mundial de investigación. En Galicia realiza investigación a través de:
    • Misión Biológica de Galicia (MBG, Santiago de Compostela e Pontevedra). Adícase á investigación xenética, agraria e forestal dos principais cultivos e especies leñosas de Galicia.
    • Instituto de Investigaciones Marinas (IIM, Vigo). Adícase á investigación integrada e multidisciplinar sobre o medio mariño e as especies mariñas.
    • Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS, mixto coa Xunta de Galicia, Santiago de Compostela). Adícase á investigación no ámbito da Historia, dende a Idade Media á Contemporánea.
    • Instituto de Ciencias del Patrimonio (INCIPIT) (Incipit, Santiago de Compostela). Adícase á investigación multidisciplinar do patrimonio cultural, a cadea de valor do patrimonio e os procesos patrimoniais.
    • Instituto Español de Oceanografía (IEO, A Coruña e Vigo). Adícase á investigación oceanográfica e dinámica dos ecosistemas mariños, á acuicultura e á avaliación de recursos pesqueiros.

Poderían ser tamén institucións de acollida de persoal investigador ERC:

  • Os 3 institutos públicos de investigación sanitaria de Galicia.
  • Outros organismos de investigación públicos e privados.