Candidatos ERC

O Programa Oportunius ofrece servizos de formación e asesoramento ao persoal investigador co potencial necesario para presentarse a convocatorias do ERC, pero que ata o de agora non se decidiran a formalizar a súa candidatura.

Pode acollerse a estas axudas o persoal investigador adscrito a calquera das institucións de acollida de Galicia.

Características dos servizos

O persoal investigador interesado en presentar a súa candidatura a unha convocatoria ERC pode optar aos beneficios contemplados no Programa Oportunius para maximizar as súas opcións de éxito.

Trátase de servizos de formación e asesoramento persoalizado para optimizar a elaboración da súa proposta, de cara a cumprir do mellor xeito os criterios de avaliación das candidaturas ao ERC:

  • Avaliación preliminar sobre as posibilidades de éxito da proposta, considerando tamén o currículo da persoa investigadora.
  • Apoio na preparación do borrador para a súa revisión inicial por parte da Oficina Europea do Ministerio de Ciencia e Innovación.
  • Axuda na incorporación ao borrador das recomendacións emitidas pola Oficina Europea.
  • Revisión da proposta por profesionais expertos e anteriores gañadores/as de axudas ERC.