InnovaPEME 2019

Programa: Innovapeme 2019. Axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas de Galicia (Plans de Innovación)
Data de publicación DOG: 08/02/2019
Código do procedemento: IN848D
Prazo de presentación de solicitudes: 09/02/2019 – 08/04/2019
Eido estratéxico: RIS3 – Programa PEME INNOVA. Apoio ás pemes innovadoras.

Que é o Programa InnovaPEME?

Son axudas ás pemes destinadas ao financiamento do custo das actividades integradas en Plans de innovación, que lles permitan sistematizar os procesos de innovación da empresa e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.

Tipo e intensidade da axuda

Tipo de convocatoria: Convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
Tipo de axuda: Subvención a fondo perdido.
Incentivo: 50% dos custos de implementación do plan de innovación da empresa (Axudas entre 40.000€ e 100.000€).
Orzamento total: 2.800.000€

Quen pode solicitar estas axudas?

As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:

  • Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais, de acordo coas definicións do Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014
  • Domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicita a axuda

Ver condicións específicas da axuda en gastos subvencionables no apartado “Documentación“.

Documentación e ligazóns

Documentación xustificativa para o pagamento das axudas


Preguntas frecuentes

Prema sobre cada pregunta frecuente para despregar a resposta.


1. Pódese solicitar anticipo?


Si, pódese solicitar anticipo:

Anticipo anualidade 2019: poderase solicitar un anticipo do 50% do importe total concedido para esa anualidade. O prazo é de 10 días hábiles contados desde o seguinte da publicación da resolución da concesión.

Anticipo anualidade 2020: poderase solicitar ata un 50% do importe concedido para esa anualidade, sempre que, conxuntamente cos pagamentos realizados ata ese momento non superen o 80% da porcentaxe subvencionada. O prazo será de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao pagamento da anualidade 2019.



2. Para os custes de máis de 15.000 euros, é necesario solicitar 3 ofertas?


Segundo o art.29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
Cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere a contía de 15.000,00 € deberase solicitar como mínimo 3 ofertas de diferentes provedores , previamente á contratación do servizo ou de compra dun ben (servizos de asesoramento, consultarías, equipamento e materiais instrumentais, adquisición de licenzas de propiedade industrial, compras de materiais e subministros, e subcontratacións).
Cando a elección da oferta non recaia na máis económica ou polas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que a realicen, deberá xustificarse e motivarse expresamente nunha memoria.



3. Que tipo de empresas se poden subcontratar (sociedades, autónomos…)?


Pódense subcontratatar con organismos de investigación ou outras entidades a execución dunha parte das actividades incluídas no Plan de Innovación.
Deberá estar debidamente xustificada e motivada na memoria técnica da solicitude da axuda, que en caso de resolución favorable do plan de innovación entenderase por autorizada.
Poden ser de fora de Galicia? Si.
Hai un importe máximo/límite por empresa subcontratada? A suma de todas as subcontratacións non pode exceder do 50% do orzamento total subvencionable.
É necesario subscribir contrato? Si, será obrigatorio, e será revisado pola Axencia Galega de Innovación.



4. Que tipoloxías de custe de persoal pódense imputar?


Pódese imputar custes de persoal propio, polo tempo adicado exclusivamente ao plan (senón fose ao 100% deberá xustificarse na memoria da solicitude da axuda). Só no caso das micropemes poderanse imputar custos de persoal directivo ou xerencial como máximo até 30% de dedicación.
O persoal de nova contratación, deberá dedicarse o 100% ao plan de innovación.


Máis información

No enderezo electrónico servizos.gain@xunta.gal
Nos teléfonos 981 957 008 / 881 999 529





Axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional