Talento Sénior 2018

Programa: Talento Senior 2018. Axudas para a contratación de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i
Data de publicación no DOG: 28/09/2018
Código de procedemento: IN858A
Prazo de presentación de solicitudes: Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Eido estratéxico: RIS3 – Programa Emprendemento Innovador
Beneficiarios: Empresas e organismos de investigación públicos non universitarios ou privados galegos e con centro de traballo en Galicia

Que é o Programa Talento Sénior?

Son axudas de 64.000 euros para a contratación de persoal de alta cualificación, por un período mínimo de tres anos, con máis de 5 anos de experiencia profesional para desenvolver a súa carreira profesional en empresas e centros de investigación, así como estimular a demanda no sector público e privado de profesionais de alta cualificación para acometer proxectos de I+D+i en Galicia.

Tipo e intensidade da axuda

Tipo de convocatoria: Convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
Tipo de axuda: Subvención
Incentivo: 64.000€ / contrato 36 meses
Orzamento total: 960.000 €
Alcance previsto: 15 contratos

Quen pode solicitar estas axudas?

As axudas deste programa poderán ser solicitadas, ata un máximo de 2 contratos por entidade, por:

  • Empresas
  • Organismos de investigación públicos non universitarios ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia

Documentación

Documentación xustificativa para o pagamento das axudas

Documentación para a xustificación da anualidade 2019

Documentación para a xustificación da anualidade 2020

Documentación para a xustificación final do ano 2021

Máis información

  • Correo electrónico: centros.gain@xunta.gal
  • Teléfonos de contacto: 981 95 7000 e 981 95 7012