Hubs de Innovación Dixital

Os hubs de innovación dixital proporcionan ás pemes, por primeira vez en Galicia, xanelas únicas de acceso ás tecnoloxías punteiras e demáis ferramentas necesarias para a súa transformación dixital, un proceso que lles permite ser máis innovadoras e gañar tamaño no mercado.

Para facelo posible, conectan á empresa cun completo ecosistema de colaboración formado por centros de competencias tecnolóxicas e servizos de apoio especializado.

Cada hub opera nunha área de especialización concreta, réxese pola demanda das empresas e enfoca á súa actividade plenamente ao mercado.

A estratexia galega dos Hubs de Innovación Dixital


A Estratexia Galega de Hubs de Innovación Dixital é unha aposta da Xunta de Galicia para estender o impacto positivo da innovación baseada na transformación dixital a todas as empresas galegas, en especial ás pemes.

Representa unha evolución da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3). Nela, a Xunta de Galicia asume o papel de facilitadora, promovendo, acompañando e apoiando á constitución e consolidación dos Hubs galegos, que operan nos ámbitos de especialización identificados como estratéxicos para Galicia.


Hubs de Innovación Dixital en marcha

  • Factories of the future (Fábricas do futuro), liderada polo Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) e centrada na internet das cousas e a intelixencia artificial.
  • Datalife, liderada polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e que pon o foco no manexo de grandes cantidades de información (big data).

Nova relacionada dispoñible nesta ligazón.


A estratexia galega dos Hubs de Innovación Dixital en Europa


A Axencia Galega de Innovación participou en numerosos eventos a nivel europeo para presentar a Estratexia Galega dos Hubs de Innovación Dixital:

  • 8 de outubro de 2019, Bruxelas. European Week of Regions and the cities.


Documentación das xornadas


Xornada de presentación dos Hubs galegos de Innovación Dixital: 28 de febreiro de 2020, Santiago de Compostela.



Talleres de Traballo Hubs de Innovación Dixital: 13 , 14 e 15 de novembro de 2018.



Xornada Hubs de Innovación Dixital: Impulsando xuntos o proceso de creación de Hubs en Galicia: 5 de outubro de 2018.



Hubs de Innovación Dixital: novos marcos de colaboración: 2 de marzo de 2018.


Convocatoria

  • Selección en Galicia de hubs de innovación dixital estratéxicos segundo o seu aliñamento e contribución ao avance da RIS3 Galicia

  • Anuncio de manifestacións de interese para a conformación de Hubs de Innovación Dixital para 2018