InnovaPEME 2017

Programa: InnovaPEME 2017. Axudas para fortalecer a competividade das pemes galegas a través da mellora da súa capacidade innovadora
Data de publicación DOG: 24/07/2017
Código do procedemento: IN848D
Prazo de presentación de solicitudes: 25/07/2017 a 25/09/2017

Que é o Programa InnovaPEME?

Son axudas ás pemes, do 50% dos custos de implementación do plan de innovación da empresa, destinadas ao financiamento das actividades integradas en Plans de innovación que lles permitan sistematizar os procesos de innovación da empresa e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.

Tipo e intensidade da axuda

Tipo de convocatoria: Convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
Tipo de axuda: Axuda a fondo perdido
Incentivo: 50% dos custos de implementación do plan de innovación da empresa (Axudas entre 50.000€ e 150.000€)
Orzamento total: 5.000.000 €

Quen pode solicitar estas axudas?

As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:

  • Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais, de acordo coas definicións do Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014
  • Domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicita a axuda

Ver condicións específicas da axuda en gastos subvencionables no apartado “Documentación

Documentación e ligazóns

Documentación xustificativa para o pagamento das axudas

Documentación xustificativa económica:

Documentación xustificativa técnica:

Máis información

No enderezo electrónico servizos.gain@xunta.gal
Nos teléfonos 881 999 471 / 981 957 393





Axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional