Centros da Axencia

A Axencia Galega de Innovación conta cun centro de innovación e servizos propio: o Centro de Innovación e Servizos de Galicia (CIS-Galicia) situado en Ferrol.

CIS-Galicia

A súa misión é aumentar a capacidade de innovación da industria galega, mellorando a súa competitividade a través da xeración e aplicación de tecnoloxía e coñecemento.
Ademais de participar en proxectos de I+D a nivel rexional, nacional e europeo, o centro presta servizos a empresas de diferentes sectores como o da automoción, naval, audiovisual, enerxético etc.
Dende 1995, ano no que iniciou a súa actividade, dependeu sucesivamente do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e, dende o 1 de xaneiro de 2014, está integrado na Axencia Galega de Innovación.

Sitio web do CIS-Galicia