Outros instrumentos de apoio

Fondos de investimento

Iniciativas

Contratación pública de innovación (CPI)

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) é o organismo responsable dentro da administración autonómica en materia de Contratación Pública de Innovación (CPI). Esta pode entenderse como aquela actuación administrativa de fomento da innovación orientada a potenciar o desenvolvemento de novos mercados innovadores dende o lado da demanda, a través do instrumento a contratación pública.

Os seus obxectivos son a mellora dos servizos públicos mediante a incorporación de bens ou servizos innovadores; o fomento da innovación empresarial; e o impulso á internacionalización da innovación empregando o mercado público local como cliente de lanzamento ou referencia.

Captación de Investimentos 4.0

A través da iniciativa “Captación de Investimentos 4.0” defínese un proceso de consulta ao mercado para coñecer as características dos potencias proxectos de I+D tractores para a renovación do tecido industrial de Galicia cara un novo modelo industrial baseado na innovación co obxectivo de crear emprego cualificado e acadar un forte impacto socioeconómico.

Este proceso iniciouse o pasado 3 de marzo coa publicación no Diario Oficial de Galicia dun anuncio co obxectivo de coñecer as manifestacións de interese de empresas interesadas nesta iniciativa. Á vista das manifestacións recibidas considerouse necesario actualizar algunhas das características dos proxectos incluídas neste primeiro anuncio e publicar un novo para, sen mudar o seu obxectivo de apoiar grandes proxectos empresariais de desenvolvemento experimental que superen os 50 millóns de euros, optimizar o investimento público apoiando tamén proxectos dun menor tamaño pero con sinerxías e complementariedades que permitan acadar unha maior eficiencia e eficacia dos fondos.

A invitación a presentar expresións de interese permanecerá aberta ata 2020.

As propostas ao abeiro da iniciativa deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. Ser proxectos:
    • orientados a acadar un novo modelo industrial baseado na innovación ao abeiro das tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da industria 4.0 e en liña co reto 2 da RIS3 Galicia
    • dentro dos ámbitos máis destacados da economía galega cun efecto de arrastre sobre o tecido industrial galego
    • excelentes con retos tecnolóxicos ambiciosos e estratéxicos a nivel europeo
  2. Poderán ser tanto proxectos de investigación industrial como de desenvolvemento experimental, segundo as definicións contidas no artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014, e desenvolverse tanto de xeito individual ou en cooperación con organismos de investigación
  3. Ter un orzamento empresarial financiable mínimo de 20.000.000€.
  4. Estar liderados por unha mediana ou unha grande empresa tractora segundo o Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014
  5. Valorarase especialmente o seu alto impacto, tanto tecnolóxico como socioeconómico, en Galicia
Documentación