Román Rodríguez destaca o liderado galego en I+G+i ao acadar un dos seis novos vales de innovación da UE
2026-03-17
Nigrán (Pontevedra), 24 de marzo de 2018.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe en Nigrán a aposta da Xunta por situar Galicia como referente no apoio ao emprendemento innovador durante a súa visita ao DemoDay da 5ª edición de ViaGalicia, da que destacou que o seu carácter pioneiro ten permitido poñer en marcha medio cento de empresas que xeraron arredor de 300 novos empregos.
Cun investimento total de 2,6 millóns de euros, ViaGalicia é unha das aceleradoras do mapa galego, unha rede na que se está a investir 18,4 millóns de euros e que leva apoiados máis de 600 proxectos, algún deles convertido en startup de éxito con premios polo seu carácter innovador, que implican 1000 novos empregos.
Un total de 37 proxectos (19 da sede da aceleradora en Vigo e 18 de Lugo) nos ámbitos das TIC, sector agroalimentario, saúde e turismo, fundamentalmente, compiten hoxe por un dos 15 postos para acceder á fase de aceleración desta edición, aos que se sumarán outras dúas iniciativas seleccionadas entre a fase de Academia de edicións anteriores.
Así, as startups que pasen á fase de Aceleración contarán, durante seis meses, coa posibilidade de recibir titorías, networking e asesoramento para consolidar a súa idea de negocio, así como a oportunidade de recibir financiamento por parte da Xunta e do Consorcio Zona Franca de Vigo.
Conde puxo en valor o labor de ViaGalicia, unha das primeiras aceleradoras de iniciativa pública en España, pola que xa levan pasado 900 ideas de negocio das que 120 se consolidaron como proxectos en firme e das que 52 son empresas reais que xeran 300 postos de traballo.