A Xunta oferta dous cursos de capacitación de persoal investigador e xestor en transferencia de coñecemento
27/11/2019
- Estas dúas iniciativas, en colaboración coa Fundación Barrié, celebraranse en Santiago no mes de decembro e inscríbense no programa Ignicia da Consellería de Economía, Emprego e Industria
- O obxectivo é poñer en valor os resultados da investigación e favorecer o seu aproveitamento por parte do tecido empresarial
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2019.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), en colaboración coa Fundación Barrié, organiza dous cursos de capacitación en transferencia de coñecemento, un dirixido a persoal investigador e outro a persoal xestor de transferencia. Estes cursos, que se inscriben no programa Ignicia, teñen como obxectivo impulsar a transferencia de coñecemento como panca dos ...


