Conde destaca o labor do Centro Oceanográfico de Vigo no impulso á innovación e a diferenciación do sector pesqueiro galego
28/08/2019
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións dependentes do Instituto Español de Oceanografía, cuxos centros contan cun apoio de 120.000 euros a través dos contratos programa da Xunta
- A Administración autonómica incrementa nun 23,6%, ata os oito millóns de euros, estes apoios aos centros tecnolóxicos e de investigación non universitarios
- Sinala que o Centro Oceanográfico de Vigo está nestes momentos traballando en 80 proxectos, un 80% deles con financiamento externo, o que supón unha mostra da competitividade dos investigadores que desenvolven alí o seu traballo
Vigo, 28 de agosto de 2019.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na súa visita ao Centro Oceanográfico de Vigo, depe …


