Preto de 50 empresas amosan interese en participar no proxecto para dotar o Polo Aeroespacial de Galicia dun simulador de xestión de tráfico aéreo
10/02/2020
- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, presidiu a xornada técnica de presentación das instalacións do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) ante as compañías interesadas na consulta preliminar ao mercado
- A Xunta licitará o proxecto en colaboración co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) e suporá un investimento de cinco millóns de euros
- Esta iniciativa sitúa Galicia na vangarda das tecnoloxías vinculadas aos vehículos aéreos non tripulados
Castro de Rei (Lugo), 10 de febreiro de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, presidiu hoxe a xornada técnica de presentación das instalacións e equipamentos do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) ás …


