A Xunta sinala que os hubs de innovación serán claves para a industria galega ante os retos da súa dixitalización
28/02/2020
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nunha xornada na que se presentaron as iniciativas lideradas por Bioga e Ceaga, que agrupan máis de 4.200 empresas e entidades que empregan a 120.000 persoas
- A través do traballo conxunto entre o tecido industrial, o coñecemento e a Administración, funcionarán como unha xanela única achegando ás pemes as solucións tecnolóxicas que precisan
- Os hubs están aliñados coa Iniciativa comunitaria para a dixitalización da industria europea, e integrada na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na presentación dos dous hubs de innovación dixital de Galicia …


