A Xunta manterá os programas de innovación cos centros tecnolóxicos para que a I+D+i achegue respostas aos novos retos da industria e da sociedade
16/04/2020
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acorda coa Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga) e os centros que forman parte da mesma demandar ao Estado que poidan acceder ás liñas de financiamento do ICO coas mesmas condicións que as empresas
- Sinala que “a innovación será un dos elementos principais que teremos que impulsar no momento de reactivación da economía despois de superar o impacto sanitario do COVID-19”
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe que a Xunta defende que os centros tecnolóxicos son un recurso indispensable para o futuro industrial de Galicia, e manterá, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), todos os programas de impu …


