O informe COTEC destaca que Galicia supera os niveis de investimento en I+D anteriores a 2008
19/05/2020
- Segundo o informe da Fundación Cotec para a Innovación, a Comunidade é unha das seis que conta con máis persoal en I+D que hai unha década
- No período 2014-2018 Galicia aumentou o gasto total en I+D un 23,8%, por riba da media de crecemento nacional
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2020.- O Informe COTEC 2020, publicado onte pola Fundación COTEC para a Innovación, destaca Galicia como unha das oito comunidades autónomas que superaron en 2018 o nivel de investimento en I+D anterior á crise (no caso de Galicia tomouse como ano de referencia o 2008). De feito, segundo a estatística de actividades de I+D do INE, Galicia acadou en 2018 o investimento en I+D máis alto de toda a serie estatística, cun investimento total de 591 millóns de euros, sumando xa cinco anos de crec …


