A Xunta destaca a importancia da ciencia e a innovación para dar respostas no novo contexto socioeconómico
05/06/2020
- A Axencia Galega de Innovación (Gain) informou sobre as convocatorias de apoio á innovación que están actualmente abertas ou próximas a convocarse, mentres que XesGalicia explicou os dous fondos de investimento orientados a dar apoio a empresas innovadoras, Innova Tech e Galicia Iniciativas Emprendedoras
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na apertura da xornada online Presentación dos Instrumentos de apoio á Innovación da Axencia Galega de Innovación, XesGalicia e CDTI, na que destacou que a importancia da ciencia e da innovación se ten posto de relevo se cabe aínda máis neste novo contexto socioeconómico. Por este motivo, a resposta do Goberno galego é darlle a máxima ...


