A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2017.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe no acto con motivo da acreditación de Cetaqua Galicia como Centro de Apoio á Innovación Tecnolóxica de ámbito estatal por parte do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade que, dos 75 centros acreditados a nivel nacional na categoría de centro tecnolóxico ou de apoio á innovación, Galicia conta a partir de agora con oito, o que sitúa á comunidade como a cuarta con máis centros con esta distinción.
Conde apuntou así mesmo que Cetaqua é o primeiro destes centros dedicado en exclusiva ao ciclo integral da auga, promovendo solucións innovadoras que benefician ao tecido empresarial, a administración pública e a sociedade galega no seu conxunto. Por este motivo, o conselleiro animou tanto a Cetaqua como ao Grupo Suez a seguir colaborando nesta liña, e sobre todo ante a posibilidade que se presenta para o desenvolvemento na comunidade de proxectos a través da Compra Pública Innovadora ou a Compra Privada Innovadora, na súa aposta polo aproveitamento dun recurso público cada vez máis prezado como é o da auga.
Neste eido agradeceu o traballo de Augas de Galicia, institución pioneira nesta aposta por sumar esforzos desde a Administración e o sector privado para estar na vangarda en canto ao tratamento e depuración de augas. Conde sinalou que neste ámbito Galicia executou o 50% de toda a compra pública innovadora en España no marco europeo 2007-2013, e agora estase consolidando con proxectos como o polo tecnolóxico e industrial de Rozas ou Código 100.
Na súa intervención, o conselleiro salientou así mesmo que no recoñecemento que vén de obter o centro ten sido clave o impulso que supuxo a posta en marcha da Unidade Mixta de Investigación CIGAT, na que colabora o Grupo Suez, a través de Viaqua, que ten a Galicia e a Cetaqua na súa rede internacional de centros de I+D+i, contribuindo á creación dun ecosistema de innovación de primeiro nivel na Comunidade.
Sinalou o responsable de Economía, Emprego e Industria que isto é un recoñecemento ao talento galego e, de maneira especial, ao traballo que desenvolven a Universidade de Santiago e o CSIC.
Salientou o conselleiro que a Unidade Mixta CIGAT, que xa conseguiu levar ao mercado unha tecnoloxía innovadora para o tratamento de augas residuais da industria, é unha das 24 Unidades deste tipo activas neste momento. Trátase de proxectos conxuntos de investigación entre grandes empresas e centros de coñecemento para impulsar a competitividade do tecido empresarial galego e xerar emprego cualificado, e que, unha vez se resolva a cuarta convocatoria, permitirán mobilizar ata 100 millóns de euros.
Francisco Conde sinalou a aposta galega pola economía colaborativa e a innovación aberta, e apuntou que para crear as condicións axeitadas para que Galicia poida impulsar as súas capacidades e o seu talento hai unha ferramenta clave, a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3), coa que se van mobilizar ata finais da década máis de 1.600 millóns de euros en I+D+i.
O conselleiro remarcou que a Xunta non se deterá no seu compromiso por facer da innovación unha peza clave no futuro de Galicia, e por iso, o orzamento da Axencia Galega de Innovación para o próximo ano medra un 26%, ata aproximarse aos 80 millóns de euros.
Incidiu Conde en que calquera dos obxectivos marcados para converxer con Europa en termos de investigación e innovación tecnolóxica van ser máis doados de conseguir sabendo que Galicia conta cunha rede de centros tecnolóxicos que presta aos sectores estratéxicos da comunidade o soporte de coñecemento necesario, tendo en conta que o coñecemento “é hoxe en día o recurso clave para a industria”.