A Xunta destaca o proxecto da peme Creativigo como un exemplo do traballo da I+D+i ao servizo da saúde e das persoas
02/07/2020
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, coñeceu o dispositivo piloto do sistema desenvolvido por esta compañía viguesa, centrado no control de accesos e da temperatura corporal
- Sinala que a innovación galega está dando as respostas fronte ao coronavirus que demandan as empresas e as administracións públicas
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe que o proxecto da peme Creativigo, centrado no control de accesos e da temperatura corporal, é un exemplo de como a I+D+i galega pon as novas tecnoloxías ao servizo da saúde e das persoas.
Así, sinalou que esta iniciativa “é unha demostración da nosa Galicia innovadora e de como Galicia soubo reaccionar e dar resposta …


