Novas

A nova aceleradora Connect-19 impulsará 20 proxectos de pemes innovadoras con solucións fronte á covid-19

30/07/2020

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia na presentación da nova incubadora que facilitará ás empresas o seu acceso a maiores mercados
  • Conde destacou que esta iniciativa confirma que Galicia cre nos seus axentes innovadores para liderar a recuperación económica e o fortalecemento sanitario
  • Afirmou que a aposta pola cultura innovadora é garante de crecemento, fortalecemento e compromiso social

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe que a nova aceleradora Connect-19, que a Xunta impulsa con 600.000 euros, permitirá consolidar 20 proxectos de pemes centrados no desenvolvemento de solucións innovadoras fron …

A Xunta de Galicia asegura que o deseño sairá reforzado na era poscovid-19 como ferramenta de transformación e competitividade

23/07/2020

  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, abriu esta mañá o segundo encontro virtual do ciclo ‘A era poscovid: redeseñar o mundo’
  • No encontro, profesionais galegos de recoñecido prestixio internacional exploraron a relación entre deseño, ciencia e tecnoloxía na era poscovid-19

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Patricia Argerey, interveu esta mañá na apertura institucional do segundo encontro virtual do ciclo A era poscovid: redeseñar o mundo. Neste contexto, Argerey afirmou que o deseño sairá reforzado desta situación xerada pola pandemia gañando relevancia, en tanto que ferramenta facilitadora da transformación da cien …

A Xunta promove unha reflexión colectiva co fin de aproveitar os fundamentos do deseño para a transformación cara a unha Galicia máis innovadora

21/07/2020

  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Vedra (A Coruña) no primeiro obradoiro do ciclo ‘Deseño para a transformación’
  • Esta iniciativa busca integrar os esforzos de innovación e transformación en Galicia desde a perspectiva humana e de futuro que ofrece o deseño
  • Profesionais e entidades asociativas, empresas, emprendedores, Administración autonómica, artistas e docentes traballarán conxuntamente para definir o marco no que o deseño pode contribuír a mellorar a competitividade de economía galega

Vedra (A Coruña), 21 de xullo de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Vedra (A Coruña) no primeiro obradoiro do ciclo Deseño para a transformación, e …

A Xunta convoca o II Premio Empregados Públicos Innovadores para acadar unha administración máis eficiente, moderna e innovadora

18/07/2020

  • Esta iniciativa enmárcase no Programa de Impulso da Compra Pública de Innovación, que persegue consolidar a Galicia como referente neste instrumento que fomenta a innovación a través da contratación pública
  • As candidaturas poderán presentarse ata o 15 de setembro

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2020.- A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases e convocatoria da segunda edición do Premio Empregados/as Públicos/as Innovadores/as, impulsado pola Axencia Galega de Innovación (Gain), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria. O obxectivo do premio é recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal ao servizo da Xunta de Galicia que fai posible unha Administración autonómica máis eficiente, moderna e innovadora ca …

A Xunta reitera o seu compromiso coa transferencia de coñecemento e a divulgación da ciencia

14/07/2020

  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta tarde en Santiago nos premios da Real Academia Galega de Ciencias
  • Argerey puxo en valor o programa Ignicia de Proba de Concepto do que xa xurdiron cinco spin-offs baseadas en tecnoloxías punteiras
  • A sexta edición dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía recaeu en sendos grupos de investigación do INIBIC e da USC e nunha spin-off da Uvigo; mentres que o Premio de Xornalismo Científico foi entregado aos xornalistas Xavier Fonseca e Selina Otero; e o Premio de Divulgación Científica a Jorge Mira

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destacou na súa intervención, no acto de entrega de premios da Real Academia G …

Seis proxectos do sector alimentario recibirán apoio para a súa consolidación a través da Business Factory Food

13/07/2020

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2020.- A Business Factory Food (BFFood) deu a coñecer esta mañá os seis proxectos que participarán no primeiro programa de consolidación da aceleradora especializada no sector alimentario, impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).

A esta convocatoria de consolidación presentáronse 27 candidaturas, das que catro pasaran anteriormente polo programa de aceleración en 2019. Os proxectos seleccionados accederán agora a un programa de apoio integral e especializado de doce meses de duración con mentoring, formación, coaching, servizos técnicos, infraestruturas e medios especificamente concibidos para o seu ámbito de desenvolvemento, así como financiamento a través dun préstamo participativo …

A Xunta apoia 11 contratos de persoal de alta cualificación en oito empresas e tres centros de investigación de Santiago, Vigo, a Coruña e Lugo

10/07/2020

  • A través do programa Talento Sénior concédense axudas por valor dun millón de euros para seguir consolidando o sistema galego de I+D+i

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2020.- A Xunta vén de resolver a terceira convocatoria do programa Talento Sénior ao que destinará 905.405,91 euros para seguir consolidando o sistema galego de I+D+i, así como para atraer e reter talento.

As axudas, centradas na atracción e retorno de investigadores doutores e tecnólogos con carreiras consolidadas, permitirá apoiar un total de 11 contratos. En concreto, beneficiaranse desta iniciativa oito empresas e tres organismos de investigación e centros tecnolóxicos da área de Vigo, Santiago, Lugo e A Coruña que contarán con especialistas en eidos da I+D+i ligados á biotecnoloxía, enerxía, ...

A Xunta subliña o papel da compra pública de innovación na prestación de servizos públicos máis eficientes

07/07/2020

  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nunha xornada online do proxecto de compra pública de innovación Smartiago, que conta co apoio da Administración autonómica
  • A iniciativa busca implantar unha serie de solucións tecnolóxicas innovadoras para a xestión sustentable de residuos sólidos urbanos, a mobilidade intelixente e a iluminación

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2020.- A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, interveu esta mañá no acto de apertura da xornada online de presentación de resultados das consultas preliminares ao mercado do proxecto Smartiago, un proxecto do Concello de Santiago de Compostela que conta co apoio da Xunta e que persegue implantar unha serie de solución …

A Xunta reivindica o potencial do sector aeroespacial galego como motor de innovación e emprendemento na 3ª edición da BFAero

06/07/2020

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá mediante videoconferencia na posta en marcha da nova convocatoria
  • Subliñou a necesidade de apostar por proxectos que sumen valor engadido, gañando así en competitividade e fomentando un ecosistema emprendedor
  • Esta edición realizase en paralelo á consulta pública realizada para trazar a folla de ruta do Polo Aeroespacial de Galicia para o período 2021-2025

A Coruña, 6 de xullo de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá mediante videoconferencia na posta en marcha da terceira edición da Business Factory Aero, a aceleradora do sector aeronáutico e de vehículos non tripulados enmarcada no Polo Aeroespacial de Galicia.

Con esta convo …

O primeiro hackatón virtual de Galicia premia un supermercado 3D, unha app para feiras virtuais e un dispositivo para minimizar o contacto con superficies

03/07/2020

  • O evento, organizado pola Xunta en colaboración con preto de 40 entidades, celebrouse entre os días 27 e 30 de xuño, co obxectivo de desenvolver solucións innovadoras para axudar á industria, o comercio e o emprego na nova realidade
  • As propostas presentadas por equipos formados por participantes de Vigo, Santiago, Lugo, A Coruña, Oleiros, Muros, Murcia e Madrid foron escollidas como as tres mellores solucións tecnolóxicas aos retos industriais da covid-19
  • Os seleccionados levarán un premio de 1.000 euros e o asesoramento e seguimento personalizado dos proxectos durante un período de seis meses
  • Máis de 50 participantes traballaron durante catro xornadas en 16 equipos para intentar dar resposta a cinco retos

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2020.- Un dispositivo para …

1 87 88 89 90 92 93 94 95 199